Sede electrónica Concello das Somozas

18:48:01 Domingo 17 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a familias para material escolar para o curso 2021/2022

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento "Solicitude de Axudas a Familias para material escolar para o curso 2021/2022 de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria, FP Básica, Bacharelato,e Ciclos Medio ou Superior" ten por obxecto regular a convocatoria pública en concorrencia competitiva para a concesión de axudas destinadas a adquisición de libros de texto e/ou material escolar complementario, có fin de promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar ás familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas matriculados nos cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, ESI, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos.

O prazo de presentación de solicitudes é de 9 a 28 de setembro.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite", ou de xeito presencial no Rexistro do Concello onde se lles facilitarán os impresos normalizados para presentar.

O prazo de presentación de solicitudes é de 9 a 28 de setembro.

  • Solicitude e anexos segundo o modelo establecido.
  • Fotocopia DNI do/a solicitante, parella ou cónxuxe e fillos/as.
  • Fotocopia do/s Libro/s de Familia (completos).
  • Declaración do IRPF do exercicio 2020 (completa) do/a solicitante e cónxuxe/parella. No caso de non presentala, Certificado de Imputacións de Rentas expedido pola Axencia Estatal de Administratación Tributaria.
  • Xustificante da matrícula do presente curso, ou certificado do Centro Educativo.
  • Se é o caso, documentación acreditativa da ausencia do fogar familiar dalgún dos proxenitores: familia monoparental (con certificado acreditativo), separación/divorcio, viuvez, orfandade, etc.
  • Certificación bancaria do número de conta onde se vai facer o ingreso da axuda concedida, terá que ser titular a persoa solicitante.(IBAN)
  • Se é o caso, Certificado de discapacidade da/o alumna/o para o que se solicita a axuda.

Nota.- As persoas solicitantes poderán achegar os orixinais dos documentos no Rexistro Municipal onde se farán copia da documentación no momento da presentación da solicitude.

Nome: Solicitude de Axudas a Familias para material escolar para o curso 2021/2022 de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria , FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Unidad tramitadora: Servizos Sociais

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 9 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impuestos: No

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                      Presencial.